ConcellosÚltima hora

A demarcación do Miño-Sil sairía da seca se até xaneiro caen 600 litros por metro cadrado

 

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, Francisco Marín, asegurou que este ano hidrolóxico que rematou houbo un 41% menos de precipitación
Francisco Marín.// Foto: Carlos Asensio.

O pasado mes de setembro pechouse o ano hidrolóxico 2016/2017. Un ano marcado pola profunda seca que mantivo mirando ao ceo á meirande parte da provincia. Segundo asegurou o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, este ano que remata “foi malo, cun 42% menos de precipitacións”.

Pero parece que este ano que empeza (2017/2018) non o fixo con bo pé. Pois segundo asegurou Francisco Marín, nestes 42 días que levamos de novo ano hidrolóxico choveu unha media de 42 litros por metro cadrado “cando a media normal é de 172 litros”, dixo o presidente, que asegurou que estas circunstancias fan que se siga mantendo a alerta por seca na demarcación.

A pesares de todo, Marín dixo que o abastecemento á poboación está garantido a medio e corto prazo. “En situación distinta están os usos secundarios”, dixo, como son o regadío ou a gandeiría, así como o aproveitamento hidroeléctrico e industrial.

Para non teres que chegar a unha situación de alerta extrema, Marín contou que o xefe de planificación hidrográfica “díxome que de aquí ao 31 de xaneiro ten que chover máis de 600 litros por metro cadrado” para entrar en situación de normalidade.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button