ConcellosParada de SilÚltima hora

Dende o 1 de xullo volverá funcionar o Bus-Lanzadeira ao Mosteiro de Santa Cristina (Parada de Sil)

 

O Servizo de Bus-Lanzadeira para acceder ao mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (Parada de Sil) funcionará dende el 1 de xullo ata o 18 de setembro. “Este servizo nace para coidar ao máximo o entorno do Mosteiro, para regular o tráfico intenso na estrada que baixa ao mesmo e para dar unha maior calidade de servizo na visita aos recursos turísticos de Parada de Sil”, destacan dende o Concello de Parada de Sil, “a Ribeira Sacra é unha paisaxe cultural de gran extensión, fráxil, con recursos dispersos, e asentado sobre unha topografía complexa. Coa pretensión de minimizar os problemas de conxestión e estacionamento en determinados puntos e así mellorar a experiencia dos nosos visitantes, poñemos este servizo a disposición e solicitamos que fagan uso do mesmo”.

O servizo funcionará do seguinte xeito: hai habilitados 3 aparcadoiros gratuítos no centro da vila de Parada de Sil para que os visitantes deixen o vehículo perfectamente estacionado. Está prohibido baixar en vehículo privado excepto casos excepcionais habilitados pola Oficina Municipal de Turismo.

O punto de saída do bus-lanzadeira será diante da Oficina de Turismo no edificio do Concello. Este bus- lanzadeira terá un custo de 3,00€/persoa. O billete poderá mercarse con anterioridade por internet na web: https://turismo.ribeirasacra.org/reservas collendo a entrada para Mosteiro + o servizo de traslado en bus-lanzadeira.

 

 

O Bus-Lanzadeira terá parada en Castro (diante do Camping Canón do Sil) para poder visitar o mirador de Xariñas de Castro, o mirador da Cividá e o Castro da idade de Bronce. Esta parada de Castro se fará tanto na subida como na baixada.

Os usuarios poderán baixar e subir á hora que queiran en Castro ou no Mosteiro no uso da súa viaxe sen restricción de tempo e sabendo os horarios de remate do servizo de subida e baixada do bus – lanzadeira.

Dende a Oficina de Turismo de Parada de Sil tamén se matiza que en “Castro non se poderá coller o billete para baixar ao Mosteiro. Soamente se collerá o billete dende o punto de saída: Oficina de Turismo. Os senderistas que baixen camiñando ata o Mosteiro e queiran subir dende o mesmo ata Parada de Sil poderán mercar billete soamente de subida por 1,00€/persoa, sempre e cando o Bus-Lanzadeira teña prazas libres ao subir ata Parada de Sil. Se non houbera prazas libres no Bus-lanzadeira terán que voltar a Parada de Sil camiñando como baixaron”.

As datas e os horarios serán os seguintes:
OBRIGATORIO: Tódolos días dende venres 1 de xullo ata domingo 18 de setembro 2022

HORARIO DO COMBINADO BUS-LANZADEIRA + MOSTEIRO DE STA. CRISTINA:
Quenda de saídas dende Parada de Sil (Oficina de Turismo):
MAÑÁNS: 10:30 / 11:15 / 12:00 / 12:45
TARDES: 15:30 / 16:15 / 17:00 / 17:45 / 18:30
Quenda de saídas dende o Mosterio de Sta. Cristina:
MAÑÁNS: 10:50 / 11:35 / 12:20 / 13:30
TARDES: 15:50 / 16:35 / 17:20 / 18:05 / 19:15

PRAZAS NO BUS-LANZADEIRA: 30
PREZO DO SERVIZO:
PÚBLICO XERAL: 3,00€ (incluíndo 2,00€ do prezo da entrada ao Mosteiro)
CATIVOS DE /ATA 14 ANOS: gratuito
RESIDENTES EN PARADA DE SIL: gratuito
GUÍAS OFICIAIS DE TURISMO EN EXERCICIO DAS SÚAS FUNCIÓNS: gratuito
PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA: gratuito na Lanzadeira ou ben consultar para baixar no seu propio vehículo.

Artigos relacionados

Back to top button