OurenseÚltima hora

A Deputación aproba 250.000 euros en axudas a concellos para Servizos Sociais, Medio Ambiente e Cultura

A Xunta de Goberno Provincial aprobou 80.000 euros para a realización de proxectos sociais no municipio de Avión como o Centro de día ou a comida sobre rodas
Montserrat Lama.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou, na reunión celebrada hoxe, 15 de setembro, un total de 249.679 euros en axudas para entidades e concellos da provincia de Ourense destinadas a cuestións de Servizos Sociais, Infraestruturas, Medio Ambiente e Cultura. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno.

En materia de cooperación con entidades, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda para a Fundación “Juana de Vega” por un importe de 8.000 euros, destinada á organización do seminario internacional “As idades da auga, as augas construtoras de paisaxes” (workshop international The water ages: waters constructing landscapes), “que ten por obxecto a divulgación do territorio e os recursos do lugar, incorporando o termalismo e a paisaxe como obxectos de investigación e formular propostas que sirvan como base para a xestión e ordenación territorial”, explicou a deputada provincial.

Outra das axudas aprobadas na xuntanza foi para a Fundación para a Protección de Discapacitados Psíquicos Terra de Celanova de 15.656 euros para gastos de funcionamento da entidade correspondentes ao ano 2017. Para a Asociación de Veciños de Presqueira-Baños de Molgas aprobou unha axuda de 5.000 euros destinada ao arranxo do velorio.

No apartado de cooperación cos concellos da provincia de Ourense, na reunión aprobouse unha axuda para o Concello de Gomesende por importe de 76.000 euros para as obras de mellora de infraestruturas e servizos municipais. Para o Concello de Trasmiras aprobou unha axuda de 23.000 euros para actividades culturais a realizar no Entroido, Letras Galegas, San Xoán, festas patronais e diversos talleres.

Para o Concello de Avión, a Xunta de Goberno aprobou cinco axudas. En materia de Servizos Sociais, unha axuda de 80.000 euros para a realización de proxecto social no municipio de Avión correspondente ao ano 2017 “como son o servizo de Centro de día, o xantar sobre rodas e a vivenda comunitaria” explicou Montserrat Lama. En materia de infraestruturas e medio ambiente, unha axuda de 7.350 euros, para a mellora do firme en núcleos rurais do municipio; de 8.365 euros, para a mellora e eficiencia enerxética da iluminación pública de Amiudal; de 11.368 euros, para a mellora de camiños municipais e de acceso ás explotacións agrarias; e de 14.940 euros, para a reforma da sala das caldeiras de biomasa na piscina municipal.

Artigos relacionados

Back to top button