Tras un repunte de positivos onte, os casos activos de coronavirus no municipio do Barco volven baixar e sitúanse en 47, é dicir, 3 menos que nos comunicados o 22 de outubro. Así se reflexa nos datos que o Sergas facilita a diario ao Concello do Barco.
Aínda así, este municipio valdeorrés mantense mantén o nivel de alerta vermello no mapa galego do Covid que elabora a Consellería de Sanidade, con máis de 21 novos casos confirmados por PCR nos últimos 7 días.