En portadaÚltima hora

Devoción, termalismo, gastronomía e música son os ingredientes da Semana Santa 2017 do Carballiño

Como novidades deste ano haberá un ciclo de relatorios, dúas exposicións e un pregón a cargo do arcebispo de Belcastro, José Francisco Carballo

A Cofradía de la Veracruz de O Carballiño quenta motores para a Semana Santa 2017. Pero, ademais de celebrar a Paixón de Cristo, este ano a Cofradía está de noraboa xa que tamén celebra o seu décimo aniversario. Hoxe, 17 de marzo, presentouse o programa desta cita no Concello do Carballiño por parte do confrade maior, Rafael Melero; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o Párroco da Vila, José Benito Sieiro e os diferentes representantes das firmas colaboradoras.

No eido das procesións, catro serán as saídas que farán polas rúas do Carballiño: A do Traslado, a de Ramos, a Da Sentencia e Misericordia, e a dos Caladiños. Por outra banda, o cartel deste ano representa eses dez anos de confraría e os tres elementos máis importantes da Semana Santa do Carballiño: a devoción, co templo da Vera Cruz; o termalismo, a través dunha gota de auga; e a gastronomía, facendo referencia ao tradicional pulpo.

Pero este ano a cifraría trae numerosas novidades no programa e entre elas destaca que, por vez primeira, a Semana Santa carballinesa contará cun pregón, a cargo do arcebispo de Belcastro e Secretario da Congregación para os Institutos da Vida Consagrada e as Sociedades da Vida Apostólica, nomeado polo Papa Francisco, José Francisco Carballo. Outra das apostas que a congregación relixiosa fará este ano é un ciclo de catro relatorios a cargo de expertos catedráticos e doutores en Historia da Arte e Historia.

A isto súmanse dúas exposicións. A prime ra, “A Paixón segundo Playmobil”, que consiste nunha representación, a partir de diversos dioramas compostos por preto de 2.000 pezas de playmobil, da Paixón de Cristo e que por primeira vez exponse en Galicia. A inauguración desta mostra será o sábado 25 de marzo. Xunto con esta exposición poderase ver outra exposición fotográfica titulada “2007-2017, dez anos de Cofradía”.

O irmán confrade maior, Rafael Melero, fixo un repaso por todo o percorrido da Cofradía de la Veracruz durante estes dez anos, salientando a incorporación de tres novas imaxes ao patrimonio da parroquia e “duplicamos as procesións”. Asemade, reiterou que hoxe contan con 250 cofardes e que este ano se adquiriron noventa novos capirotes para as procesións. Tamén adiantou que o Xoves Santo, “Carballiño terá unha madrugá”. O confrade maior concluíu o seu discurso agradecendo, ás autoridades políticas e aos colaboradores privados o seu aporte á Semana Santa do Carballiño e dicindo que “a música vólvese afianzar como unha das protagonistas da Semana Santa”.

Pola súa banda, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, resaltou a importancia da colaboración entre as institucións privadas e públicas “para que eventos como este sexan xa de referencia a nivel galego e da provincia”. E o alcalde da vila, Francisco Fumega, adiantou que este programa servirá como complemento a “unha ampla programación cultural por parte do Concello” e anunciou que para a Semana Santa “xa estará inaugurado o novo balneario de Caldas de Partovia, e será un aliciente máis para acudir ao Carballiño”.

 

Artigos relacionados

Back to top button