O “Festival Mood” encherá de música electrónica, o día 7 de decembro, o Pazo dos Deportes “Paco Paz” durante máis de 10 horas de música en directo a cargo de artistas como James Ruskin, Cora Novoa, Tadeo, Yassine, John Axiom, You_El e Blach.
O vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández dixo deste evento, na presentación, o 1 de decembro, que “é unha cita ineludible para os amantes deste xénero musical e posicionará a Ourense no panorama da música electrónica a nivel nacional, cun cartel repleto de artistas cun valor e recoñecemento profesional de alto nivel”.
Pola súa parte, un dos promotores, Adrián Fragueiro, explicou que con este evento “cun Line-Up propio de festivais de primeira liña, queremos tomar o pulso non só á cidade de Ourense, senón á Comunidade Autónoma de Galicia e arrastrar á vez público de comarcas do Norte de España e de Portugal”
En canto ao programa, Jonathan Míguez, outro dos promotores, dixo que no evento actuará “James Ruskin, un dos artistas máis importantes a nivel europeo; a ourensá Cora Novoa; Tadeo, un dos enxeñeiros de son máis importantes a nivel español dentro da industria; Blach, un artista importante do panorama galego dentro da electrónica; You-El, un gran artista dentro da nosa cidade; e Yassine, que vén dun dos Clubs máis importantes de Portugal; e eu, John Axiom”.