CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Dobre cita para o Coro Santa Rita do Barco, o 12 de maio en Ponferrada

O Coro Santa Rita nunha das últimas actuacións./ Foto cedida.

 

A comarca leonesa do Bierzo e máis concretamente a localidadade de Ponferrada é unha das que máis conta co Coro Santa Rita do Barco de Valdeorras para actuar e este domingo 12 de maio terá unha dobre cita.

Pola mañá, ás 12:30 horas, cantará a misa maior na Basílica La Encina; e pola tarde participará na Festa de Flores del Sil, actuando xunto a outras corais nun certame de canción rexional. Tal como avanzan dende o coro do Barco son a única coral galega e interpretarán dous temas tradicionais: Sacristán de Coimbra e A Carolina.

 

Artigos relacionados

Back to top button