DeportesPiraguismoÚltima hora

Dobre vitoria en K-2 do Fluvial Barco na 26 Baixada do Umia

Jesús Rodríguez e Miguel Fernández do Fluvial Barco, no podio./ Foto: Federación Galega de Piragüismo.

 

Con dous ouros saldaba o Fluvial Barco a súa participación na 26 Baixada Internacional do río Umia (Pontevedra). Así, nesta cita do campionato galego de río o K-2 sénior formado por Jesús Rodríguez e Miguel Fernández facíase co título, tras completar o percorrido de 10.000 m nun tempo de 0:38:26,26.

Ademais, Roberto Núñez e José Luis González ganaban en K-2 veterano, cun tempo de 00:41:09. Dentro da actuación valdeorresa tamén cabe destacar o oitavo posto que lograba Saúl Rodríguez en K-1 senior.

Por clubs, o Fluvial Barco sumaba un total de 558 puntos e quedaba no posto 17º nesta competición.

 

Outro dos podios do Fluvial Barco./ Foto: Federación Galega de Piragüismo.

Artigos relacionados

Back to top button