CulturaCulturaÚltima hora

“Dúas heroínas voando van” na Biblioteca de Celanova

Esta actividade está prevista para o xoves 26 de setembro ás 18h.

Dentro dos actos que promove a Biblioteca de Celanova terá lugar neste xoves 26 de setembro a proposta “Dúas heroínas voando van” da Cía Señora Supina. Esta actividade infantil de promoción da igualdade terá lugar ás 18h. e forma parte do programa “Ler conta moito”.

A asistencia a ela será de balde, pero resultará necesario inscribirse previamente chamando ao 988 431930 ou ben escribindo ao correo electrónico biblioteca@celanova.gal.

Artigos relacionados

Back to top button