O sinistro producíase á altura de Porto en torno ás nove desta mañá
Na estrada N-120 á altura da localidade de Porto (Rubiá) producíase en torno ás nove desta mañá un accidente de tráfico no que resultaban feridas dúas persoas. O suceso producíase cando un coche, no que viaxaba unha parella de anciáns non vía, como consecuencia do sol de que lles daba de fronte a un camión que estaba averiado no arcén. Debido ao accidente os ocupantes do coche resultaban feridos leves.
Ata o lugar do accidente desprazábase de inmediato o GES Valdeorras, os efectivos do 061 e a Garda Civil de Tráfico. Os feridos foron trasladados ao hospital.