CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

“El Desconocido” chega á gran pantalla

A película do monfortino Dani de la Torre preestreábase o 24 de setembro na Coruña e agora chega ás salas de toda España

Cos espectadores en pé e aplaudindo remataba a preestrea de “El Desconocido” na Coruña, cidade de rodaxe deste filme dirixido polo monfortino Dani de La Torre, o 24 de setembro. Unha boa acollida, na liña do notable éxito acadado no seu pase polos festivais de Venecia e de San Sebastián.

Na preetrea, de la Torre estivo rodeado da súa familia e amigos. “Este é o meu soño dende que xurdiu a idea de contar historias, e por fin, despois de moito traballo este é o resultado”, comentaba. O 25 de setembro esta película, protagonizada polo tamén galego Luis Tosar, chegará aos cines españois.

“El Desconocido” é un thriller trepidante que narra a historia dun director dunha sucursal bancaria que mentres leva os seus fillos á escola, recibe no seu móbil a chamada dun descoñecido que lle indica que, se non reúne unha determinada cantidade de diñeiro, fará estourar o vehículo.

Artigos relacionados

Back to top button