ConcellosRubiáÚltima hora

Elías Rodríguez (PP) inicia a súa sexta lexislatura como alcalde de Rubiá

 

Tamén ás 11h. deste 17 de xuño constituíase a nova Corporación municipal no salón de plenos do Concello de Rubiá, xurdida dos comicios do 28M. Tras formarse a mesa de idade, iniciábase un pleno no que tomaban posesión dos seus cargos 5 concelleiros do PP e 4 socialistas.

Deseguido, procedíase á elección do novo alcalde, sendo o máis votado, por maioría absoluta o cabeza de lista do PP en Rubiá, Elías Rodríguez Núñez, que deste xeito inicia o que será xa a súa sexta lexislatura á fronte do Concello.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button