Monográfico Moda veránMonográficos

Escaparate a pé de rúa

Oito casas de moda participan na II pasarela de O Couto (Ourense)
CCA Couto Centro
CCA Couto Centro

A praza da Chave, en pleno Ourense, acollía a finais de xuño o II Desfile de Moda do Centro Comercial Abero Couto Centro, que contou con moito público “a pesares do caluroso día que fixo” din dende a organización, explicando que este desfile faise xusto antes de comezar as rebaixas pretendendo “que sexa como un escaparate no que a xente poda ve o que se vai atopar nas tendas asociadas do Couto Centro, unha gran variedade de prendas que nos permitan ir cómodos e á moda”.

Conducido por Isabel Risco e Vidal López o evento contou coa participación de oito establecementos asociados, e con modelos peiteados e maquillados por Estilo Libre Estilistas.

Así, pasadas das nove da noite do 26 de xuño comezaba o desfile, e facíao cun pase para nenos/as da man de Pekepes (Ervedelo, 38). O segundo pase foi para Prolsport (Ervedelo, 68) que ademais de ofrecer colección de uniformes e equipacións para colexios ou clubes de fútbol (Inmaculada, Irmáns Villar, Curros Enríquez e toda a base do Ponte Ourense), presentou prendas de adultos, con colección de fitness, moda e baño.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: CCA Couto Centro
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button