En portadaÚltima hora

Estabilizado o incendio forestal de Rubiá, cunhas 200 hectáreas queimadas

Foto: @BrifLaza,

 

Dende as 9:47h. desta mañá está estabilizado o incendio forestal rexistrado onte no concello ourensán de Rubiá, parroquia homónima, segundo informa a Consellería do Medio Rural.

O lume orixinouse ás 18:06 h. de onte xoves e, segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas. No seu control levan participado 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 13 motobombas, 3 pas, 9 avións e 10 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Artigos relacionados

Back to top button