CulturaCulturaÚltima hora

Exposición do pintor Xulio Fontes en setembro no Castelo de Castro Caldelas

 

O vindeiro sábado 3 de setembro inaugurarase no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas unha exposición do pintor Xulio Fontes. O acto está previsto ás 19h. A Exposición permanecerá aberta o público durante todo o mes de setembro.

Esta será a segunda vez que Xulio Fontes achegue a súa prolífica obra a Castro Caldelas, onde ademais dos seus cadros tamén expuxo as “pedras pintadas”, que son outra das súas especialidades.

No día de hoxe foi recollida a exposición “Arte na fortaleza” con obras de 6 artistas da Asociación ALTERARTE e mañá comezarán a montar as obras de Xulio Fontes.

“O Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas sirve como Galería de Arte acadando resaltar calquera disciplina artística e tendo como fondo os materiais nobres da pedra e a madeira”, sinala a alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button