En portadaGalerías de fotos

Extinguidos os dous incendios entre O Barco e Rubiá

Na tarde do 5 de agosto, en torno ás 16h. producíanse en Valdeorras dous pequenos incendios forestais. O primeiro tiña lugar na zona de Trambasaugas xa no termo municipal de Rubiá, e o outro preto da N-120 á altura da saída da Avda. do Bierzo no Barco.

Ata o lugar desprazáronse os GES e a Policía Local do Barco, a Garda Civil de Tráfico e dúas brigadas contra incendios. Grazas á rápida intervención e malia o vento que dificultou as tarefas, ámbolos dous incendios quedaron rapidamente extinguidos.

Fotos: Arsenio B.G./ Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button