CarballedaConcellosÚltima hora

Falece Cesáreo Ramos, que foi concelleiro socialista en Carballeda de Valdeorras

Cesáreo Ramos, nun acto do PSdeG-PSOE en Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Era unha persoa de gran vitalidade, alegre e loitadora cuxa morte sorprendía  á veciñanza de Valdeorras. Cesáreo Ramos Gómez, natural de Carballeda de Valdeorras, falecía o 12 de xuño en Ourense aos 74 anos de idade.

Estivo relacionado laboralmente durante anos ao sector da lousa e tamén destacaba pola súa vinculación co mundo sindical.  Ademais foi presidente da Comunidade de Montes en Man Común de Carballeda, Bascois e Santa Cruz. Era tamén foi unha persoa activa en política, presentouse en varias ocasións nas listas do PSdeG-PSOE no concello de Carballeda de Valdeorras, a última foi precisamente nas eleccións do pasado 28M, no que era o número dous na candidatura socialista. Desta volta non lograron representación, pero si na lexislatura que vén de concluír, na que foi concelleiro.

O secretario xeral dos socialistas ourensáns, Rafael R. Rodríguez Villarino, expresaba deste xeito nas redes sociais o seu pesar polo falecemento de Cesáreo Ramos: “unha triste nova para unha grande persoa, a quen lembro coa ilusión nos seus ollos o día que presentamos as candidaturas de Valdeorras”.

Estaba casado e tiña dous fillos. A súa familia, amigos e veciños daranlle o seu último adeus neste 14 de xuño no funeral que está previsto ás seis da tarde na localidade de Carballeda de Valdeorras. A súa capela ardente está aberta dende onte no Tanatorio de Sobradelo.

 

Artigos relacionados

Back to top button