ConcellosÚltima hora

Falece o clown valdeorrés Paco González, un dos promotores da compañía alemá Familie Flöz

Ten sido un dos creadores dunha vangardista linguaxe teatral que mesturaba o clown e a máscara, converténdose nun referente internacional
O actor valdeorrés Paco González./ Foto: Carlos G. Hervella.

Pallaso, actor e docente de teatro en Alemaña, o valdeorrés Paco González (1949, Vilardesilva, Rubiá) entraba en contacto co mundo da escea neste país, ao que emigrou na década dos sesenta. Tras unha longa enfermidade, que o apartaba anos atrás da arte dramática, falecía o no mencer do 4 de xullo en terras xermanas.

Este valdeorrés probaba a subirse por primeira vez a un escenario en 1972 e dende entón xa non se baixaba del. Realizou estudios de pallaso na Escola Superior Folkswang en Essen (Alemaña) e desenvolvía unha ampla traxectoria profesional tocando propostas como o teatro experimental en Alemaña. Era un dos promotores na década dos 90 da Familie Flöz, unha compañía que mesturaba de xeito vangardista o clown coa máscara, e cuxo despegue se producía con “Ristorante Immortale” (1998), obra coa que triunfaron no Festival de Edimburgo.

Logo virían moitas máis obras como “Teatro Delusio”, que chegaba a representar no Teatro Lauro Olmo do Barco en maio do 2008. Era unha persoa xenerosa, sempre cun sorriso no rostro e un auténtico apaixoado do teatro, pero tamén de Valdeorras, unha terra coa que sempre mantivo unha estreita relación. De feito un dos proxectos aos que dedicou gran parte dos seus esforzos era Casa Chao do Prao de Vilardesilva (Rubiá), coa que pretendía unir a través do teatro a a formación Alemaña e Valdeorras.

 

Texto: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button