ConcellosPetínÚltima hora

Falece un veciño de Portomourisco ao chocar a moto na que viaxaba contra un muro na Portela (Petín)

 

Na tarde deste mércores 27 de decembro falecía un veciño de Portomourisco nun accidente de tráfico no centro da Portela (Petín).

O suceso producíase pouco antes das 15 horas, cando o home que se viaxaba na moto dirección Portomourismo, batía contra o muro dunha casa. Tal como indican dende Protección Civil de Petín cando chegaron “o home xa estaba falecido”.

Ademais dos voluntarios de Protección Civil ata o lugar dos feitos desprazábase a Garda Civil de Tráfico, unha ambulancia do 061 e o GES Valdeorras.

 

Artigos relacionados

Back to top button