En portadaSanidadeÚltima hora

Falece unha persoa diagnosticada por Covid no Hospital de Valdeorras

En Galicia perdían a vida nas últimas horas 9 persoas, catro delas na provincia de Ourense

Exterior do Hospital de Valdeorras no Barco./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Consellería de Sanidade vén de confirmar o falecemento nas últimas horas de nove persoas diagnosticadas por coronavirus en Galicia, unha delas no Hospital de Valdeorras. Trátase dunha muller de 90 anos procedente dunha das residencias de maiores de Viana do Bolo. Neste centro hospitalario non se rexistraban falecementos de pacientes con Covid dende do pasado 5 de outubro.

Ademais na provincia producíanse outros tres falecementos de pacientes ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense: unha muller 73 anos (procedente da residencia Nosa Señora dos Anxos), unha muller de 88 anos e outra 85 anos.

Así mesmo perdían a vida outras cinco persoas na comunidade galega: un varón de 80 anos no CHOP, unha muller de 84 anos no CHUAC (procedente da residencia Ballesol-Oleiros) e un varón de 92 anos no CHUAC; así como unha muller de 89 anos e un home de 81 anos, no Hospital da Mariña (procedentes ambos da Residecia de S. Cibrao).

Artigos relacionados

Back to top button