SanidadeÚltima hora

Falecen 14 persoas que foran diagnosticadas de Covid, 2 delas na provincia

Exterior do Hospital de Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Consellería de Sanidade vén de informar do falecemento nas últimas horas de 14 persoas que foran  diagnosticadas por coronavirus en Galicia, dúas delas na provincia de Ourense. Trátase dun home de 67 anos que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e dun home de 86 anos no Hospital de Verín (procedente do Asilo Hogar Santa María).

Ademais perdían a vida en Galicia outras 12 persoas: un home de 77 anos, un home de 83 anos, unha muller de 86 anos, un home de 79 anos e un home 67 anos que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; unha muller de 56 anos na residencia Pai Menni de Betanzos, unha muller de 87 anos na residencia DomusVi de Carballo, unha muller 86 anos na residencia DomusVi de Vimianzo; un home de 55 anos, un home de 81 anos e un home de 87 anos no Complexo Hospitalario de Pontevedra e un home de 68 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo. Todos eles presentaban patoloxías previas.

Artigos relacionados

Back to top button