ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Ferido un motorista nunha saída de vía na OU533 no municipio de Viana do Bolo

 

Na tarde deste domingo 24 de marzo producíase un accidente de tráfico na OU533 (A Rúa-A Gudiña), no que se vía implicada unha moto.

A saída de vía producíase pasadas as 18:15 horas no PK 13, un pouco máis adiante de Pradocabalos, no termo municipal de Viana do Bolo e ata o lugar dos feitos desprazábase o GES da Gudiña, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Segundo indican dende o GES, o ferido era trasladado en primeira instanacia ata Viana para a súa observación.

 

 

Fotos cedidas

Artigos relacionados

Back to top button