ConcellosÚltima horaVilariño de Conso

Festa Ibicenca e reto 12+1 de Dj, este sábado en Vilariño de Conso

 

A partir das 16h. desta tarde de sábado 29 de xullo e ata ben entrada a madrugada do domingo a praia fluvial do Cenza en Vilariño de Conso acollerá unha Festa Ibicenca con reto 10+1 de Dj incluído. Serán 12+1 horas ininterrompidas de música con música de diferentes estilos e in crescendo ata o final da man de Dj Tariro. “A idea é superar un reto de 12 horas que fixo o DjNano no Summerstorie Oro Viejo”, explican dende a organización.

Ademais ás persoas que acudan a este evento vestidos de branco serán agasallados con coroas de flores e sangría.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button