Segundo o visto na tarde do 16 de outubro no campo de fútbol do Aguillón (especialmente na primeira metade do partido) é difícil entender que o C.D. Rúa unicamente sume tres puntos en seis xornadas.
O fútbol é como é e non sempre o bo xogo se traduce en vitoria pero no que vai de tempada, o Rúa cando gaña, faio por goleada. Como a que metía ao Barra de Miño na Copa Deputación (0-6) e tamén ao C.D. Caldelao na sexta xornada de liga.
Con dominio do partido, control do balón e bo dogo por parte do equipo, Juan adiantaba aos locais con dous goles (minutos 7 e 28). Despois viñan os de Iván, Lora, Roberto (de penalti), Hugo e Daniel. 7 goles fronte a 1 dos visitantes daban a impoñente vitoria aos amarelos que ascenden ata o 8º posto na clasificación en segunda autonómica.
Fotos: Mónica G. Bellver