CulturaCulturaÚltima hora

Formación audiovisual en Celanova

As webseries centran a segunda xornada do Curso de Medios Audiovisuais (CeMAC)
Un dos momentos do curso.
Un dos momentos do curso.

O Curso de Medios Audiovisuais de Celanova (CeMAC), adicaba o segundo día de ponencias aos novos modelos de producción como son as webseries, cun gran potencial para a distribución do traballo. Para afondar nesta cuestión, o auditorio municipal Ilduara de Celanova (AMIC) recibíu a Pablo Cacheda, director de “Clases de lo social”, unha comedia realizada dun xeito didáctico para abordar situacións cotiás. Actualmente, a webserie consta dunha tempada e traballa na segunda, que estreará o primeiro capítulo no mes de agosto.

Outros dos protagonistas da xornada foron Anxos Fazáns e Silvia Fuentes, directora e productora de “Fame”, unha webserie nacida do taller “Celanova, plató de ficción” do pasado ano. Trala boa experiencia, os estudantes decidiron continuar o fío argumental comezado e apostar pola segunda tempada do proxecto. O xoves 17 de xullo, a rede será o escenario para a estrea do primeiro episodio.

Aínda que as webseries coparon boa parte da programación, os asistentes ao CeMAC tamén puideron coñecer modelos de coproducción audiovisual, como é o caso de “Inevitable”, un drama romántico que reflicte o amor en diferentes etapas da vida. O director e coguionista Jorge Algora, a productora Susana Maceiras, e a actriz protagonista Mabel Rivera, estiveron en Celanova para falar da súa experiencia. Tras deles, parte do equipo do programa “Era visto!” explicaron os ingredientes que compoñen este fenómeno audiovisual.

Nesta segunda xornada do curso tamén se proxectou o segundo capítulo de “Intefecto”, a webserie que realizaron este ano os alumnos de Audiovisuais de Pontevedra e que trata de resolver o misterio en torno a unha serie de asasinatos cometidos nas proximidades do Mosteiro de San Salvador de Celanova. Entrada a noite, o AMIC acolleu a proxección do filme “Urxa”, un pase aberto a tódolos públicos con entrada gratuíta.

Mañá será o turno de “Continental”, dentro deste ciclo que percorre 25 anos de cine en Galicia.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button