En portadaÚltima hora

Froxán (Folgoso do Courel) prepárase para a XXI Festa da Pisa da Castaña

Esta celebración de carácter etnográfico terá lugar o 7 de decembro e o seu pregoeiro será o actor Xosé Barato

Pisa en Froxán no 2018./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Como vén sendo costume, co acendido do sequeiro ás 11h. comezará o 7 de decembro en Froxán (Folgoso do Courel) a XXI Festa da Pisa da Castaña. Alí os asistentes poderán coñecer o proceso tradicional de secado deste froito de outono.

Ás 12h. darase paso á demostración de pisado e abandoxado e ás 13:30h. ao pregón, a cargo do actor Xosé Barato. Xa ás 14h. poderá desfrutarse dun xantar popular co “menú do pisador”.

Esta festa continuará pola tarde con demostración do aserrado da madeira con serra de aire e con sorteo de agasallos. Haberá ademais unha mostra da artesanía e doutros produtos e música co grupo Foliada. Esta celebración será organizada pola Asociación Fonte do Milagro.

Artigos relacionados

Back to top button