OurenseÚltima hora

Gadis e a Fundación SEEDO premian ós alumnos ourensáns do programa educativo de hábitos saudables

Alimentes, a iniciativa desenvolvida no marco da campaña Prevención da Obesidade: “Alixeira a túa vida”, puxo fin ao seu programa educativo cun sorteo de regalos entre os 600 alumnos de Educación Infantil e Primaria de Ourense capital que formaron parte
Os ganadores cos premios recibidos.

Co fin do curso escolar Gadis e a Fundación para o Estudo da Obesidade SEEDO clausuran o plan de visitas ós supermercados para inculcar dende a infancia a importancia de practicar actividade física e seguir unha dieta equilibrada.

Gadis e a Fundación SEEDO (Sociedade Española da Obesidade) entregaron os premios do programa educativo de hábitos saudables no que participaron 600 alumnos de Ourense cidade. Esta última edición celebrouse co reparto de regalos ós escolares ganadores: Sara González Nóvoa, recompensada cunha bicicleta, Asier Santamaría Ferreira que recibiu unha tablet e no último posto Álvaro Noguerol Fernández, premiado cun patinete.

Esta edición levouse a cabo entre os meses de enero e xuño, nos que os monitores fixeron fincapé na vertente medioambiental do programa, que manifesta a importancia que lle concede a compañía á preservación do planeta no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa, recoñecido co Premio Excelencia á Saúde 2018, e finalista nos IX Premios Corresponsales. O seu obxectivo é a contribución para reducir os niveis de obesidade infantil que ten o noso país.

O programa educativo pretende promover o consumo de alimentos saudables e xerar nos máis novos hábitos de vida responsables coa saúde. Máis de 8 000 alumnos de Galicia e Castela e León onde se levou a cabo (A Coruña, As Pontes, Ferrol, Lugo, Narón, Ourense, Palencia, Pobra do Caramiñal, Ponferrada, Pontedeume, Riveira, Santiago de Compostela, Salamanca, Valladolid e Vigo) recibiron formación teórica e práctica sobre aspectos clave no seu desenvolvemento persoal. Cunha metodoloxía interactiva que facilitaba a interacción no programa dos estudantes, e xunto con visitas a establecementos, púxose en marcha a súa formación, dividida en catro bloques principais: alimentación saudable, vida activa, consumo responsable e refugallo alimenticio.

O plan educativo é unha das accións con maior calado no programa RSC da compañía, que impulsou neste último exercicio 2 130 accións integradas en seis áreas estratéxicas: sostibilidade medioambiental, creación de riqueza en condicións sociais dignas, transparencia na xestión, apoio a ONG`s e colectivos de persoas con capacidades diversas, iniciativas que inflúen positivamente no benestar da sociedade, e o fomento de hábitos de consumo responsable e vida saudable.

 

 

Texto: Carlota Pérez de Juan Burgos

 

Artigos relacionados

Back to top button