CulturaCulturaÚltima hora

Gargallada Teatro, na XV Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón no Carballiño

Unha das escenas de “Un desastre de función” de Gargallada Teatro./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os grupos que tomarán parte na XV Mostra de Teatro Amador Terras do Orcellón, que se desenvolverá nos meses de outubro e novembro no Carballiño, estará a agrupación valdeorresa Gargallada Teatro que presentará neste certame a súa última obra: “Un desastre de función”.

Así, a mostra de teatro programou para esta edición sete obras de compañías galegas que se celebrarán no Auditorio Manuel María a partir das 20 horas.  A primeira cita será coa obra “Olimpo’s”, de Farandoleiras Cabaré, o 1 de outubro e a partir de aí sucederanse as representacións: “O enredo”, de A Tequerreté (12 de outubro); a xa citada “Un desastre de función” de Gargallada Teatro (15 de outubro); “Siempre nos quedará Venecia” de La Caja de Pandora (22 de outubro); “O documento” do Grupo de Teatro Ollomao (29 de outubro); “Nadal na casa dos Lamelo”, de Achádego Teatro (30 de outubro); e “Microtirulos”, de Tiruleque Teatro, unha serie composta por varias obras (Raios, tronos, Milhomes, Morreu a tía María e Reencarnación), programada para os días 5 e 6 de novembro.

Artigos relacionados

Back to top button