CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Green Valley será o cabeza de cartel do V Extruga na Rúa en Verín

O festival vén de pechar o seu cartaz musical e prepárase para a quinta edición, prevista do 25 ao 27 de agosto

Imaxe dunha edición anterior do festival./ Cedida.

 

O festival de cultura urbana Extruga na Rúa, está de volta este ano para deleitar aos amantes da música e da cultura cunha experiencia inigualable. Serán tres días cheos de cultura, onde a música en directo, as expresións artísticas serán as protagonistas en Verín. Celebrarase os días 25, 26 e 27 de agosto en Verín.

Cunha programación coidadosamente seleccionada e no entorno natural da Preguiza e o Skatepark de Verín, o Festival Extruga na Rúa ofrece unha combinación ecléctica de estilos musicais, desde o rock e o pop ata a música electrónica e o folk.

Os artistas máis destacados da escena local e nacional daranse cita neste evento: HUDA (MAD), Mondra (Santiago), Another Wasted Year (A Coruña), Overdos (Vigo), Burgas (Ourense), Twentyfour Seven’s (Ourense), DJ PIKI (Verín), Deriva (Madrid e Verín) o recoñecido rapeiro a nivel estatal Elio Toffana e a lexendaria banda de música reggae Green Valley serán os enc asegurando unha experiencia musical inesquecible para todos os asistentes.

Ademais da música, o festival ofrecerá unha ampla gama de actividades culturais e artísticas para todos os gustos. Tamén haberá unha ampla variedade de actividades culturais pendentes de confirmar. Entre elas a Xunta Liga Break de Galicia organizada por Vella Escola, espectáculos de teatro, mercadiño, zona de pernocta gratuíta.

O equipo organizador do Festival Extruga na Rúa traballou “arduamente para consolidar o Festival como unha data obrigada na provincia de Ourense ademais de crear un ambiente festivo e acolledor, onde cada asistente poderá disfrutar dunha boa experiencia. A atención aos detalles e a satisfacción do público son a nosa prioridade, garantindo que cada persoa se sinta cómoda e ben recibida. Estamos comprometidos en ofrecer unha experiencia segura e divertida para todos”, aseguran os promotores.

Artigos relacionados

Back to top button