CulturaCulturaÚltima hora

Homenaxe ás mulleres emprendedoras no “Día da Muller Rural” en Quiroga

 

O Concello de Quiroga celebrará mañá venres o Día da Muller Rural cunha exposición das fotos de varias mulleres emprendedoras da vila quiroguesa. Trátase dun proxecto fotográfico denominado “Mulleres da Vila” que se realizou dende o Centro de Información á Muller.

Quince foron as mulleres empresarias que participaron na elaboración deste reportaxe fotográfico que quedará na súa propiedade, e para o que se comprometeron a elixir unha das fotos coas que se sintan máis representadas para a súa exposición.

“Este proxecto, que pretende visibilizar ás mulleres emprendedoras e empresarias do noso municipio como recoñecemento a ese plus de valentía que ten o iniciar negocios en lugares pequenos”, tal e como remarcan dende o CIM, “presentarase mañá coincidindo co Día da Muller Rural”, na sala de exposicións Manuel María, a partir das seis da tarde.

O Centro de Información á Muller tamén ten organizada outra actividade para este mes de outubro, trátase da andaina solidaria contra o cancro de mama que realizan en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro. Partirá dende as inmediacións do Auditorio Municipal para recorrer o paseo fluvial do río Quiroga e rematar novamente no punto de partida.

Ao inicio da andaina o día 19 de outubro, ás 17:00H. recolleranse donativos e poñeranse á venda camisetas solidarias para recadar fondos que se entregarán a AECC na súa sede de Lugo.

Artigos relacionados

Back to top button