CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Ilusións” de Octavio Vázquez, compositor de Río, interpretarase en San Martiño Pinario

As entradas son de balde e poden recollerse desde este venres 20 de maio

O mestre Paul Daniel e o compositor Octavio Vázquez./ Cedida.

 

A Real Filharmonía de Galicia ofrecerá un novo concerto o vindeiro venres 27 de maio ás 20:30h na Igrexa de San Martiño Pinario no que interpretará o primeiro movemento recén estreado da obra Ilusións (Maya) do compositor Octavio Vázquez, natural de San Xoán de Río. Esta obra foi composta por encargo da Real Filharmonía.

Neste concerto tamén soará Sinfonía nº 41 en Do M, KV.551 “Xúpiter” de Wolfgang Amadeus Mozart. Estará dirixido polo director titular da orquestra, Paul Daniel.

A entrada ao concerto será de balde con convite, que poderán ser retirados en liña desde este venres 20 ás 11h na web compostelacultura.gal ou no despacho de billetes do punto de información cultural da Zona C, en horario de martes a sábado, de 11h a 14h e de 16h a 19h ou domingos de 11h a 14h.

Artigos relacionados

Back to top button