En portadaÚltima hora

O incendio de Chaguazoso leva queimadas unhas 300 hectáreas

 

Desde as 16:59 h. de onte, 11 de outubro, permanece activo un incendio no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Chaguazoso. Segundo as últimas estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural, este lume afecta a unha superfice de arredor de 300 hectáreas. Na súa extinción levan traballado 6 axentes, 24 brigadas, 11 motobombas, 2 pas, 8 helicópteros e 2 avións.

Por outra banda, Medio Rural informa de que se extinguía ás 19:15 h. de hoxe o incendio rexistrado na parroquia de Fitoiro, tamén no concello de Vilariño de Conso, que comezaba ás 1:45 h. desta madrugada. Segundo estimacións provisionais afectou unhas 7 hectáreas. Na súa extinción levan actuado 2 axentes, 3 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button