Arredor das 13:00h de hoxe, 17 de xullo, declarábase un incendio forestal na parroquia de Pardollán, no concello valdeorrés de Rubiá. O lume afecta ao Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra, segundo confirma a Consellería do Medio Rural.
Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie que rolda as 10 hectáreas. “Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada”, tal e como indica a consellería. No control deste incendio traballan nestes momentos: 1 axente, 4 brigadas, 2 motobombas, 2 avións e 2 helicópteros. Ademais sumáronse aos labores de extinción medios procedentes da provincia de León.