En portadaÚltima hora

Incendio forestal na parroquia de Rubiá

Cedida.

 

Tras semanas sen lumes, nesta tarde vén de rexistrarse un novo incendio forestal na comarca de Valdeorras. Iniciábase ás 18:06h. na parroquia de Rubiá, segundo informa a Consellería do Medio Rural. Polo de agora non hai estimación da superficie afectada.

No lugar están xa a traballar 4 axentes, 6 brigadas e 3 motobombas. Ademais foron chamados varios medios aéreos: 2 avións e 5 helicópteros, que se irán incorporando.

O fume pode verse dende a estrada N-120 ao seu paso polo Barco.

 

Cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button