ConcellosO BarcoÚltima hora

Intento de roubo na nave dunha empresa de reparacións eléctricas no polígono do Barco

Tamén nesta semana rexistrábase outro roubo noutra empresa situada no mesmo parque industrial da Raña

 

Esta noite a empresa de reparacións eléctricas Garelec, situada no polígono industrial da Raña (O Barco), sufría un intento de roubo. Os ladróns tentaban acceder ás instalacións a través dunha porta traseira, na que se producían danos, pero finalmente non lograron entrar. Dende Galerec denunciáronse hoxe os feitos acontecidos ante a Garda Civil.

 

Parte posterior da nave pola que intentaron acceder a ela.

 

Esta é a primeira vez que esta empresa sofre un intento de roubo, se ben nesta mesma semana noutra firma situada no mesmo polígono barquense, Castañas Moral, producíase un roubo, tamén denunciado ante a Garda Civil.

 

Fachada da empresa Castañas Moral no polígono da Raña no Barco.

Artigos relacionados

Back to top button