OurenseÚltima hora

Iván Ferreiro quecerá o ambiente nas Festas de Ourense logo do Pregón o 24 de xuño

Iván Ferreiro.

O vigués Iván Ferreiro é o novo confirmado para o cartel de concertos das festas de Ourense 2017. Será na Praza Maior, o sábado 24 de xuño a partir das 22:30 horas, cando este cantante faga tremer á cidade das Burgas. O concerto será ao remate do pregón das festas, que se prolongarán até o 2 de xullo.

O artista vigués sairá ao escenario para quecer o ambiente da Praza Maior, empezando a debullar as cancións do seu novo álbum, Casa.

Esta é a nova confirmación, logo da xa adiantanda das Sweet California, que actuarán o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

O concerto de Iván Ferreiro será gratuito e forma parte da Xira de “Casa” o seu séptimo álbum en solitario, logo dos 13 anos que foi líder, cantante e compositor principal do grupo “Los Piratas”, banda de rock fundada en Vigo en 1991 e que foi considerado un dos grupos máis influintes na escena pop e rock en España.

Artigos relacionados

Back to top button