ConcellosLaroucoÚltima hora

Larouco recuperará a mobilidade e reabrirá a hostalaría, tras subsanarse un erro nos datos

Esta mañá o presidente da Xunta incluíao entre os concellos que manterán as máximas restricións a partir do venres

Panorámica de Larouco.

 

Larouco (cunha incidencia inferior a 250 casos por 100.000 habitantes a 14 días) pasará a formar parte dos concellos galegos do terceiro nivel en canto a restricións a partir do vindeiro venres 26 de febreiro. Así o sinala a súa alcaldesa, Patricia Lamela, tras recibir comunicación oficial da Xunta de Galicia. “Incluíronnos entre os de máximas restricións por un erro. No concello hai cero casos, pero contabilizaron os 2 casos que había na residencia de maiores, cando nisto non se ten en conta ás residencias. Este erro xa foi corrixido e xa recibimos comunicación oficial de que pasamos ao terceiro nivel”, sinala a rexedora.

Isto significa que neste municipio valdeorrés permítense as reunións de 4 persoas non conviventes, tamén é posible a mobilidade con outros concellos no mesmo nivel e poden abrir os bares e restaurantes cun 30% de aforo no interior e un 50% na terraza con distancia de 1,5 m e ata as 18h. Así mesmo, no ámbito deportivo permítense os grupos de 4 persoas non conviventes, sempre con máscara.

Comunicación emitida polo Concello de Larouco informando do cambio nas restricións.

 

Artigos relacionados

Back to top button