Monográfico Moda 2011Monográficos

Mª José Suárez

Por segunda vez nos trece anos de existencia de Pontus Veteris, a modelo e presentadora sevillana, convertíase na estrela convidada da pasarela pontevedresa celebrada a mediados de maio, pechando cada un dos pases. Despois de ser coroada Miss España en 1996, María José Suárez enfocou a súa carreira cara o mundo da televisión e da publicidade
Fot: Carlos G. Hervella
Fot: Carlos G. Hervella

Non é a primeira vez que desfila nesta mesma pasarela, ¿qué opinión lle merece?
Esta é a segunda vez nesta pasarela pero viñen outras veces para visitar a cidade porque gústame moitísimo, encántame a xente, a comida… Pontus é unha pasarela veterana que seguín noutras edicións independentemente de que estivera ou non presente, e penso que Galicia é un referente dentro da moda española. Temos moito que fixarnos na moda galega porque é a cuna do deseño e aquí fanse cousas realmente interesantes.

Os zapatos de tacón e sobre todo as plataformas son unha das súas debilidades, chegando a codeseñar a súa propia liña de calzado, ¿como foi a experiencia?

Si encántanme e o certo é que temos que retomalo porque tiñámolo todo prácticamente rematado pero ao final houbo un desaxuste cos fabricantes e a colección non pudo ver a luz. Paralelamente eu comecei a deseñar xoias cuns fabricantes que mo propuxeron, gustoume o proxecto e vainos bastante ben a verdade, seguimos abrindo puntos de venda en toda España, tamén en Sudamérica [Panamá, Chile e agora abriremos outro punto en Miami]. Vai crecendo e faime ilusión.

Texto: Mónica G. Bellver/Pontevedra Foto: Carlos G. Hervella
(A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel do Esp.Moda Verán de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button