ConcellosPetínÚltima hora

Máis de 170 mulleres asisten á cea polo 8M en Petín

 

Aínda que o Día Internacional da Muller foi o 8 de marzo (8M), as actividades conmemorativas fóronse sucedendo ao longo de toda a semana.

No caso de Petín a celebración viña en forma de cea organizada pola Asociación Fonte Grande en colaboración co Concello. Unha xuntanza que na noite do sábado 11 de marzo reunía a máis de 170 mulleres de diferentes puntos da comarca.

Nun principio a cea estaba pensada para celebrarse no interior do Teleclub, pero dada a afleuncia de mulleres finalmente trasladábase para o pavillón onde as asistentes degustaban un menú elaborado e servido por Mantesil, a base de embutidos variados, empanada, paella e brazo de xitado, ademais de viño (godello e mencía), licores e café.

O broche festivo da noite, que incluía varios aniversarios con velas e felicitación incluída, poñíao o bale a cargo de Dj Susi.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button