OurenseÚltima hora

Máis de 700 maiores participarán nas actividades de Envellecemento Activo

O programa, posto en marcha pola Concellería de Asuntos Sociais, iniciará o vindeiro 24 de outubro
Persoas maiores paseando polo ourensán parque de San Lázaro. // Foto: S.F.
Persoas maiores paseando polo ourensán parque de San Lázaro. // Foto: S.F.

En total 142 homes e 592 mulleres. Máis de 700 maiores ourensáns comezarán o vindeiro 24 de outubro a nova tempada de actividades do programa de Envellecemento Activo. Posto en marcha pola Concellería de Asuntos Sociais, ten como obxectivo evitar a dependencia na terceira idade. A programación ao completo será presentada este xoves, 20 de outubro, nun acto que terá lugar ás 12h no Auditorio Municipal e que terá como participantes aos propios inscritos. O Concello trazou para eles unha oferta de preto de 1.000 prazas en 27 actividades diferentes, todas elas gratuítas.

Estes cursos van enfocados sempre a persoas maiores de 60 anos. Para esta tempada 2016/2017 recibíronse máis de 1.200 solicitudes, formáronse 44 grupos coas 734 persoas finalmente anotadas, das cales 163 participarán por vez primeira. A gran maioría está conformada por mulleres, algo que reflicte “unha proporción que se vén repetindo habitualmente dende a posta en marcha do servizo, malia os nosos esforzos por animar aos homes a participar destas actividades”, valorou a técnica de Asuntos Sociais, María José Valeiras.

Artigos relacionados

Back to top button