CulturaCulturaÚltima hora

Manzaneda e o seu campamento romano, nun workshop de arqueoloxía en Santiago

Os investigadores João Fonte, José M. Costa e Manuel Gago presentarán neste encontro previsto para o 26 de outubro o relatorio “Penedo dos Lobos: experiencia de ciencia en aberto nun xacemento excepcional en Galicia”
Boa parte dos membros do equipo de investigadores Romanarmy no campamento romano de Penedo dos Lobos./ Foto: Carlos G. Hervella.

“A ras de suelo: experiencias en Arqueología de cara al público en el Noroeste Ibérico” é o título do workshop que se desenvolverá na mañá vindeiro 26 de outubro na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Entre as experiencias que se abordarán no marco deste encontro figura a do campamento romano de Penedo dos Lobos, en Manzaneda, no que se facía neste verán unha primeira intervención arqueolóxica por parte do equipo de Romanarmy.eu e co apoio do Concello de Manzaneda, que revelaba resultados sorprendentes. Sobresaían dúas moedas romanas coas que pode datarse por primeira vez en Galicia un recinto deste tipo na etapa da conquista.

Sobre esta actuación falarán na ponencia leva por título “O campamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda): unha experiencia de ciencia en aberto nun xacemento excepcional en Galicia”. A intervención correrá a cargo dos investigadores João Fonte (Incipit, CSIC), José M. Costa García (USC) e Manuel Gago (USC) e está prevista para ás 9:55h.

Artigos relacionados

Back to top button