CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Maxia, humor e moito rock and roll no novo espectáculo do Mago Teto

Este ilusionista vianés vén de presentar a súa nova proposta "Rock 'n' Magic"

Imaxe deste novo espectáculo./ Cedida.

 

Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusions máxicas comparten protagonismo coa música rock no novo espectáculo do Mago Teto. Led Zeppelin, Bob Dylan, Los Suaves e infinidadede rock stars están presentes nesta singular proposta, denominada “Rock ‘n’ Magic”, a través dunha banda en directo que son o complemento perfecto á maxia do xenial ilusionista vianés.

Este show mestura as principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo “cargado de ilusión, ritmo, humor e moita moita moita tralla”.

“Rock ‘n’ Magic”, dirixido por Fran Rei, “é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll”, tal e como o definen os seus promotores. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos galegos une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, nunha función cunha gran posta en escena e unha iluminación espectacular, participación do público, humor, maxia e rock and roll.

Imaxes e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button