Durante todo o mes de marzo o Claustro Liceo de Ourense acollerá unha exposición de óleos centrados na muller. A súa autora, a pintora Menchu Abril, leonesa de nacemento e galega de adopción (viviu 25 anos no Barco de Valdeorras e agora reside en Vigo), presenta para esta ocasión unha colección de 18 cadros de gran formato que alude a temática diversa, pero sobre todo á muller. “Unha muller con introspección cara si mesma, que se analiza, medita e mergúllase no seu universo mental e afectivo, para acercarse á súa esencia”, explica a artista.

En poucos anos Menchu pasou da pincelada exacta, puntual e precisa ao engrosamento (intumescencia) das súas espátulas, logrando chegar a un Impresionismo moderno que deixa espazo á imaxinación do espectador. Dese cambio no trazo e no estilo vén o título da exposición La intumescencia en la pintura, na que a artista xoga coa estética Art Decó dos anos 20, mesturada cun Impresionismo moi persoal que realza a figura da muller empoderada, incluído seis desnudos pintados expresamente para esta mostra.
Autenticidade, sinxeleza, intimidade e cercanía son algúns dos calificativos que mellor poden definir a pintura desta aritsta, que poderá verse no Liceo de Ourense ata o 30 de marzo, de 9 a 21 horas.
Fotos Carlos G. Hervella excepto a última da galería que é cedida.