PolíticaÚltima hora

Miguel Ángel García, cabeza de lista de Somos O Bolo á alcaldía deste municipio

Esta nova formación política presentaba esta tarde a súa candidatura ás vindeiras eleccións locais apostando por "darlle futuro a este concello"

 

“Todos temos orixe no Bolo e iso é o que nos une a todos, e esa ten que ser a idea, que O Bolo somos todos, non un Concello ou un alcalde, nin un concelleiro. Non O Bolo somos a xente que vive aquí e a que é de aquí. Por iso imos intentar que todo o se faga sexa de forma conxunta”. Deste xeito abría Miguel Ángel García, candidato á alcaldía de Somos O Bolo, a presentación desta nova formación política que concorrerá ás vindeiras eleccións municipais neste municipio.

Acompañado polos membros da candidatura, expoñía esta tarde na Granxa Escola A Capilla en Lentellais (O Bolo) “como queremos que sexa a vindeira lexislatura se chegamos nós á alcaldía. Quremos que sexa unha lexislatura dinámica, activa e de bo facer, é dicir, implicar á xente dos pobos en como funciona o Concello, para que todo o mundo coñeza os procedementos. Non queremos gobernar nós sos, senón que todos poidan ser partícipes”.

Así mesmo, ían tomando a palabra os membros da candidatura para comentar a súa intención de mellorar os diferentes servizos básicos dos que deben dispoñer as aldeas dos concellos e a necesidade de apostar por actividades económicas clave no Bolo como pode ser a agrogandeira. “Na nosa lexislatura deberíamos amparar aos gandeiros, agricultores, aos cazadores, pescadores e a calquera persoa que se preocupe polo medio ambiente”. Tamén incidían na importancia de coñecer como vai funcionar a nova PAC é un 33,7% do orzamento da UE e por iso hai que darlle a importancia e o valor que ten”. Así mesmo queren facer un estudo das propostas de dinamización que lle presenten calquera veciño do concello e ver as posibilidades de desenvolvemento que ten O Bolo, ademais de apoiar a calquera emprendedor que queira montar un negocio no municipio.

 

 

Deseguido, dábase a coñecer a lista. Cada un dos seus membros, comezando como número 1, Miguel Ángel García, ex militar e apicultor, ían presenténdose e dirixíndose aos asistentes para explicarlles o motivo de crear esta formación política. “A ilusión de montar este proxecto é que, entre todos, sexamos capaces de resolver os problemas que ten este concello, e que non son poucos, e que poidamos facer un concello mellor no que todos desfrutemos do presente e, sobre todo, dun futuro acorde coa importancia que tivo O Bolo historicamente”.

Tamén incidían na importancia de ofertar vivenda para que as persoas poidan vir e asentarse no municipio e que sexa posible que a xente nove se instale e xeren iniciativas para dinamizar socioeconomicamente O Bolo e buscar unha mellor atención para a xente maior.

“O que quero é que o concello do Bolo non quede abandonado, quero un futuro por min e polos meus fillos”, engadía a número 2 da lista, Mayra Martínez.

Candidatura de Somos O Bolo

1. Miguel Ángel García Fariñas
2. Mayra Martínez García
3. Roberto Porto Caperán
4. Marta González Losada
5. Adrián Vega Francisco
6. Cristina Fernández Rodríguez
7. Adrián García Rey

Suplentes
1. Ana Belén Fernández Núñez
2. Sonia Gómez Naya
3. Eva María Fernández Vega

Fotos: Carlos G. Hervella

Galería de fotos ampliada e vídeo en:

A presentación do novo partido político Somos O Bolo, en imaxes

Artigos relacionados

Back to top button