EconomíaEconomíaÚltima hora

‘Mini Mark Barrigaverde’, un novo establecemento comercial no centro do Barco

 

Dende hai aproximadamente un mes, o Barco de Valdeorras conta cun novo establecemento comercial ubicado en pleno centro da vila. Trátase dun locutorio no, que ademais de transferencias ao estranxeiro, pódense facer recargas de móbil e mercar produtos de Latinoamérica.

 

 

Na rúa Marcelino Suárez Nº 37 está ‘Mini Mark Barrigaverde’, un establecemento aberto polos responsables do Bar La Habana (rúa da Estación). “Empezamos co envío de diñeiro dende o bar e un día vimos este local que se adaptaba e decidimos montar o negocio aquí”, explica a responsable, Alexis Adamirka Amador Valenzuela.

 

 

Ela mesma conta que ademais do envío de diñeiro a diferenes países, tamén fan recargas telefónicas e venden SIM de prepago para diferentes compañías (Lebara, MásMóvil, Lyca,…). Con respecto aos produtos, hai de diferentes países (Venezuela, Colombia, República Dominicana…). “Temos café colombiano, salami e queixo de República Dominicana, chourizo e arepa colombiana… Embutidos, conxelados,… e fomos traendo produtos de aquí porque a xente pídeos”, di Alexis.

 

 

Barrigaverde, que colle o nome do alcume que lle dan aos traballadores do campo no pobo de Alexis, San Juan de la Maguana, na República Dominicana, está aberto de 10 da mañá a 1 da madrugada, todos os días excepto o mércores que pecha por descanso.

Fotos: O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button