
Para Moisés Blanco Paradelo o “PP do Barco é a única alternativa, ten que entrar aire limpo e renovado no Concello para cambiar as prioridades de goberno”. Así o dicía na mañá do 21 de xuño, tras resultar elixido, co 100% dos votos, presidente local do PP do Barco no congreso celebrado na Casa do Río Cigüeño.
Ademais agradeceu o apoio recibido e destacou a unidade existente dentro do PP barquense, tanto de militantes e afiliados, como de concelleiros, ex concelleiros e ex presidentes locais, unidos e amosando como un dos seus compromisos o de “seguir traballando nesta liña para continuar sumando apoios”.
De seguido dirixíase aos presentes Pedro Puy, membro do Comité Executivo do PPdeG, quen repasou a actividade de Moisés Blanco como deputado autonómico con alusións a sectores como as infraestruturas ou a lousa.
A clausura do congreso correu a cargo do presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen, dirixíndose ao comité executivo destacou a necesidade de “transformar O Barco e abrir o partido moito máis”.
No decurso deste congreso local do PP serviu tamén se rendeu homenaxe a todos os militantes, afiliados e cargos populares do Barco que faleceron nos últimos anos (53 en total), cunha lembranza especial para Julio Gurriarán, Pepín Crespo, Gabino Méndez e Delia Afreijo.
No acto tamén estiveron presentes, entre outros responsables do partido, alcaldes de Valdeorras, deputados autonómicos e o deputado nacional Celso Delgado Arce.
Foto: Ángeles Rodríguez
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil