DeportesÚltima hora

Mónica Piñeiro logra o único podio ourensán no campionato de España máster de piragüismo

O barquense Jesús Rodríguez León tamén competía en Sevilla, onde acadaba un cuarto posto

 

Mónica Piñeiro quedaba terceira nesta proba española de inverno en Sevilla./ Foto cedida.

Sobre unha distancia de 5.000 metros no río Guadalquivir celebrábase en Sevilla o campionato de España de inverno de piragüismo na fin de semana do 17 e 18 de marzo. Na xornada do sábado disputábanse as eliminatorias, xa que a cada unha das finais tan só pasaban os 70 mellores de cada categoría, e o domingo tiñan lugar as finais.

A representación ourensá nesta cita nacional viña da man de 5 padexeiros: 2 do Fluvial Avión e 3 do Fluvial O Barco, participando todos eles na categoría veterano. Ademais dous dos barquenses repetían na categoría senior. O mellor resultado viña da man de Mónica Piñeiro do Fluvial Avión que lograba o bronce na categoría 40-44 anos. Era a única ourensá en subirse ao podio na competición. Ademais o barquense Jesús Rodríguez lograba un cuarto posto en (35-39 anos) e en senior quedaba na 24ª posición.

 

Artigos relacionados

Back to top button