EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Monterrei súmase ao Día Movemento Viño D.O. cun brinde virtual

Foto: D.O. Monterrei.

 

A Denominación de Orixe Monterrei volveu a sumarse neste 8 de maio á celebración do Día Movemento Viño D.O., que do mesmo xeito que no ano 2020, realizouse en formato online.
Para iso impulsouse un brinde virtual ao que sumaron adegas, membros do Panel de Cata, persoal técnico e a presidenta do C. R.D.O. Monterrei, co obxecto de reivindicar a importancia do viño con denominación de orixe, os valores a el ligados e, no 2021, tamén as xoias turísticas, gastronómicas e culturais de cada territorio.

“Esta iniciativa virtual, que agardamos poder realizar de modo presencial o próximo ano, busca agradecer o traballo de todos os que formamos esta gran familia, viticultores, adegas, catadores, canle Horeca, consumidores, etc.”, indica a presidenta Lara Da Silva, “porque só traballando xuntos, de xeito conxunto, sairemos máis fortes desta crise sanitaria, social e económica que estamos a vivir”.

Esta iniciativa tamén contemplou a realización dun sorteo en redes sociais, no que os participantes debían comentar nos perfís sociais de Movemento Viño D.O., a través do hashtag # VinoDOJoya, e dicindo que outra xoia da súa contorna, ademais do viño con D.O., era imprescindible coñecer (lugares emblemáticos, espazos naturais, museos, monumentos, pratos típicos, etc.).

O Día Movemento Vino D.O. celebrouse por primeira vez en 2017 co obxectivo de revalorizar o viño con denominación de orixe e, nesta edición, tamén representa o apoio da CECRV (Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas) ás denominacións de orixe, viticultores e adegueiros.

Artigos relacionados

Back to top button