ConcellosÚltima hora

“Nestes días incorporarase o helicóptero contraincendios á base de Vilanova, en Valdeorras”

O conselleiro de Medio Rural, José González, facía este anuncio durante unha vista realizada esta mañá á comarca

Detalle do edificio da base de helicópteros de Vilanova (O Barco).

 

“Estamos facendo un esforzo orzamentario importantísimo en medios de cara a esta campaña de verán, ningunha parte do territorio galego estará desprovista de medios aéreos contra o lume”, tal e como sinalaba o conselleiro do Medio Rural, José González, durante unha visita que realizaba nesta mañá de venres á comarca de Valdeorras.

González lembraba que o pasado 1 de xullo comezaba a campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia, que se estenderá ata o 30 de setembro, e no seu marco estase a realizar o despregamento de medios aéreos.

“En Valdeorras tamén haberá un helicóptero na base de Vilanova pero quero engadir algo máis, a menos de 20 minutos desta comarca temos helicópteros en cinco bases diferentes”, indicaba o conselleiro.

O conselleiro lembraba que na compaña cóntase con medios da comunidade autónoma, pero tamén do goberno central, como é o caso da base de Laza. “Onte lle pedíamos ao goberno do Estado que acelerase o despregamento e estase facendo hoxe mesmo, algo que eu agradezo. E así mesmo nestes días, nos que estamos facendo nós o despregamento,  farase tamén a incorporación do helicóptero en Valdeorras”.

Artigos relacionados

Back to top button