CulturaCulturaÚltima hora

A Noite de Fiadeiro encherá de música Ramirás o vindeiro 13 de maio

O vindeiro 13 de maio Ramirás acollerá, por décimo primeiro ano consecutivo, a Noite de Fiadeiro. Esta festa nacía no ano 2007 coa intención de recuperar a esencia dos antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e tamén mocear. A organización deste festexo está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co patrocinio do Concello de Ramirás a Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia e Socitransa; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

Esta organización elaborou un  programa de actividades para toda as idades, entre as cales se contemplan obradoiros, pasarrúas, teatro de rúa, animacións, xogos, concertos… así como a tradicional mostra de artesanía e gastronomía con ducias de postos. Tamén farán o Fiadeiro Cativo, onde participarán varias escolas de música tradicional. Ás 21:oo horas máis de 30 colectivos de música tradicional chegarán a Vilavidal procedentes de todos os recunchos da xeografía galega para comezar a actividade central, a Noite do Fiadeiro. 

Cartel do evento.

En tota, segundo apuntan dende a organización, hai 33 colectivos confirmados das catro provincias galegas, que suman 383 persoas membros dos mesmos, dos cales 45 son nenos e nenas que actuarán no Fiadeiro Cativo. Asemade, haberá unha trintena de postos de artesanía e gastronomía e está previsto que a festa dure ao redor dunhas dez horas.

“Queremos recordar unha vez máis que non se trata dun festival ou mostra de música tradicional ou folclórica ao uso, senón que é unha festa que implica ao visitante na súa dinámica. Deste xeito, procúrase que se poda bailar, tocar, cantar, ou simplemente disfrutar do ambiente da noite tal e como se facía antano”, apuntan dende a organización. 

Programa.

Artigos relacionados

Back to top button